O noso tradicional torneo de verán reuniu a máis de 300 futbolistas, e as súas familias, nunha nova edición do torneo de fútbol feminino máis antigo de Galicia.

Os 5 campos de fútbol da Cidade Deportiva de La Torre viviron un momento insólito coa disputa dun partido de fútbol feminino de cada unha das categorías oficiais existentes, competindo simultáneamente en cada unha delas.

Para a entrega de trofeos contamos coa presenza de membros da Xunta, da Directiva do RC Deportivo, do noso Socio de Honra e Vicepresidente Eduardo López Beci, o Presidente do club Fernando Taboada e membros da Corporación Municipal con representantes das diferentes formacións, así como antigos xogadores e adestradores do propio Orzán Sociedade Deportiva.

Como cada ano queremos agradecer a todas as institucións (Concello da Coruña, Deputación da Coruña e Xunta de Galicia) así como a Bonilla a la Vista e ao resto de colaboradores do torneo, a súa inestimable colaboración no seu desenvolvemento, e por suposto ás familias, futbolistas e corpo técnico, por facer realidade outra edición do torneo de verán que leva o nome do noso socio-fundador Manuel Fernández Faraldo.

Resultados do Memorial:

 

CATEGORIA NACIONAL

Dépor B 12-0 Sardoma B

 

Dépor B

2° Sardoma B

PREMIO PATATAS BONILLA A LA MEJOR JUGADORA: Ana Capelo (Dépor B).

 

CATEGORIA XUVENIL

Orzán Xuvenil 1-0 Tordoia

Tordoia 2-3 S.D. O Val

Orzán Xuvenil 3-0 S.D. O Val

 

Orzán Xuvenil

2° S.D. O Val

3º Tordoia

PREMIO PATATAS BONILLA A MILLOR XOGADORA: Iria Otero (Orzán Xuvenil).

 

CATEGORIA CADETE

Orzán 10-0 Noia

Sardoma 3-2 Noia

Orzán 1-0 Sardoma

 

Orzán 

2° Sardoma

3° Noia

PREMIO PATATAS BONILLA A MILLOR XOGADORA: Candela González (Orzán).

 

CATEGORIA INFANTIL

Orzán 4-7 Atl. Arousana

Atl. Arousana 7-11 Ponferradina

Ponferradina 8-2 Orzán

 

Ponferradina

2° Atl. Arousana

3° Orzán

PREMIO PATATAS BONILLA A MILLOR XOGADORA: Silvia Dieste (Atl. Arousana).

 

CATEGORIA PROMESAS

Orzán 2-8 Noia

Noia 0-10 Ponferradina

Ponferradina 5-1 Orzán

 

Ponferradina

2° Noia

3° Orzán

PREMIO PATATAS BONILLA A MILLOR XOGADORA: Julia Voces (Ponferradina).

 

CATEGORIA ESPECIAL

Mención especial o Comité Técnico de Arbitros de A Coruña.