O Banco de Alimentos Rías Altas organiza a IX edición da Carreira 5Km Solidarios. Terá lugar o vindeiro domingo 12 de novembro.
A inscrición pode realizarse a través da páxina web: www.5kmsolidarios.es
Os participantes percorrerán 5 km polo Polígono da Grela, na Coruña, comezando pola factoría Estrella Galicia.
O vindeiro 12 de novembro celebrase a carreira “5KM SOLIDARIOS”, un acto solidario promovido polo Voluntariado da Corporación Hijos de Rivera en beneficio do Banco de Alimentos Rías Altas. O obxectivo é recadar fondos para proporcionar alimentos aos colectivos desfavorecidos aos que esta entidade presta os seus servizos, aos que se destinará a totalidade da recadación do evento e as doazóns “Dorsal 0”.
Os corredores serán convocados ás 11:00 horas do domingo 12 de novembro nas instalacións da fábrica de Estrella Galicia para iniciar un percorrido de 5 km polo Polígono da Agrela.
O éxito da carreira implica a todos. Corre, camiña, disfruta coa túa familia e únete a esta festa solidaria.
Participa por eles, inscricións xa en marcha.
A inscrición pode realizarse a través da páxina web oficial da carreira (www.5kmsolidarios.es) a partir de hoxe. A cota de inscrición é de 6€ por participante, que se pode realizar a través da plataforma online Deporticket co pago TPV habilitado na web da carreira ou a través de Bizum. A dita recadación destinarase integramente ao Banco de Alimentos Rías Altas.
Outra forma de colaborar para quen non poida participar na carreira é a través da “Dorsal 0”, facendo un donativo a favor do Banco de Alimentos Rías Altas co concepto “Dorsal 0”, no número de conta ES94 2080 0058 1430 4001 8734, ou na opción prevista na plataforma en liña.